Vanguardias Gallego

Enviado por Pepito y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

Vangarda é o conxunto de individuos (nados arredor de 1900) ou de ideas máis avanzadas con respecto ás do seu tempo.

No desenvolvemento das vangardas na literatura galega é decisiva a conxunción dos
seguintes elementos:
- A difusión das novas tendencias. Desde 1919, Vicente Risco transmite as novas técnicas e
temas vangardistas, mesmo escribindo poemas. En 1920 escríbelle a Manuel Antonio
- O galeguismo consideraba que non podía prescindir, sen máis, da tradición. - A aparición de revistas literarias. Publicacións como Alfar, Ronsel, Cristal, Yunque, Resol, etc., divulgan teorías e textos vangardistas.
- A publicación de Máis alá!. O poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro publican en 1922 o gran manifesto da vangarda literaria galega, onde explican a súa concepción da literatura e critican a aqueles que a conciben coma no século XIX.
Entre os ismos propiamente galegos cabe citar:
O NEOTROBADORISMO: Esta tendencia renovadora vén supeditada ao descubrimento dos Cancioneiros medievais. As figuras desta escola son:
Fermín Bouza-Brey (1901?1973). A obra Nao senlleira (1933) é a iniciadora do movemento. De 1955 é Seitura. - Álvaro Cunqueiro (1911?1981). En Cantiga nova que se chama riveira (1933) combina os recursos dos cancioneiro cunha poderosa imaxinación a través das imaxes e metáforas de gran forza expresiva.
Do mesmo xeito, Cunqueiro é autor doutros dous volumes Mar ao norde (1932) e Poemas do si e non (1933)? O HILOZOÍSMO ou IMAXINISMO: crea unha poesía eminentemente paisaxística, de grande inxenuidade e sinxeleza, que mestura as metáforas e imaxes creacionistas cos temas e recursos da lírica popular: versos curtos e rima asonante. - Luís Amado Carballo (1901?1927). Con Proel (1927) ofrece unha visión dinámica da paisaxe a través da humanización desta. Póstumamente apareceu O galo (1928).
O NEOVIRXILIANISMO: é unha visión poética da paisaxe. Os principais autores son:
Xosé Crecente Vega. Cun único libro de poemas Codeseiras (1933)
Aquilino Iglesia Alvariño. O clasicismo culturalista e paisaxístico obsérvase nas obras Señardá (1930), Corazón ao vento (1933), Cómaros verdes (1947), Lanza de soledá (1961) e Nemias (1961).
Xosé María Díaz Castro. No seu único libro, Nimbos (1961), apreciamos o seu sentimento telúrico e a relixiosidade ascética.
O CREACIONISMO: prescinde de todo elemento real para crear un mundo novo libre
Manuel Antonio é o principal representante da vangarda poética galega e o único poeta creacionista de Galicia.
Entre as súas obras cabe destacar: Foulas, Sempre e mais dispois, Viladomar e Con anacos do meu interior, na que presenta unha sintaxe e imaxes rupturistas. De catro a catro é o único libro de poemas que o autor viu publicado en vida. De catro a catro son 19 poemas dispostos en forma de caderno de bitácora onde o poeta foi deixando constancia da súa visión do mar e cunha unidade estrutural. A temática mariñeira imponse nos tecnicismos náuticos.


Entradas relacionadas: