k

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,86 KB

En 1700 o rei
Filipe V de Borbón recibiu a coroa de España. Naqueles momentos estaba formada por un conglomerado De reinos, cada un dos cales tiña leis, foros e institucións diferentes. Na península o poder do rei era forte na Coroa de Castela, pero estaba suxeito a fortes limitacións na Coroa de Aragón. Os Decretos de Nova Planta* forman parte do programa de reformas políticas e administrativas, inspiradas no Modelo político francés, que o rei Filipe V introduciu desde o inicio do seu reinado co obxectivo de establecer maior Grao de centralización do poder político e a unificación lexislativa e institucional no reino de España. Trátase dun Conxunto de decretos asinados polo monarca durante a Guerra de Sucesión mediante os que quedaban abolidos os Privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón, considerados como rebeldes por tomar partido por Carlos de Austria Na Guerra. Filipe V, apoiado na forza militar das súas tropas e a medida que ía recuperando territorios, aboliu os Privilexios de Aragón e Valencia (1707), Mallorca (1715), e Cataluña (1716), impoñendo as leis de Castela. Os efectos dos Decretos de Nova Planta. Pola aplicación dos Decretos, os reinos da Coroa de Aragón perderon a súa Autonomía política e institucional, sendo sometidos aos modelos casteláns. As súas institucións particulares (Cortes, Deputacións, Consellos, Generalitat) foron suprimidas, os vicerreis foron substituídos por capitáns xenerais, Rebaixando así as súas atribucións, os concellos foron sometidos á autoridade dos corrixidores e introducíronse os Intendentes. Os seus tribunais xudiciais foron modificados mediante a creación de Audiencias en Zaragoza, Valencia, Mallorca e Barcelona a imitación das de Castela; e o dereito público que se vai a aplicar sería o de Castela (aínda que Permanece o civil catalán). Ademais, o castelán substituíu ao catalán como lingua na Administración. Ao perder a Súas Cortes e institucións perden tamén a capacidade que tiñan de limitar as exixencias do rei para cobrar novos Tributos, quedando sometidos á lexislación tributaria castelá; así mesmo impónselles as quintas para o recrutamento De soldados, servizo do que estaban exentos. No terreo económico en cambio saen favorecidos pois as aduanas interiores que existían entre os distintos reinos da Coroa de Aragón e Castela foron suprimidas; deste xeito os comerciantes cataláns poderán iniciar no século XVIII a Súa expansión pola península contribuíndo ao despegue económico de Cataluña. Con estas medidas incrementouse o centralismo borbónico, cunha maior uniformización dos territorios, aínda que Subsistiron numerosos particularismos políticos e xurisdicionais, caso de Navarra e as provincias vascas que Mantiveron os seus privilexios forais e os seus réximes especiais en gran parte polo apoio prestado á causa borbónica Durante a Guerra de Sucesión

.................................
En 1700, Carlos II de Habsburgo morreu sen descendencia deixando como herdeiro da Coroa de España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo, producíndose así o Cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos e orixinou un conflito bélico. Guerra de Sucesión á Coroa de España. Tivo lugar entre 1702 e 1713. - Causas da Guerra. O novo rei Filipe V foi aceptado e recoñecido como rei –nun comezo– polas Cortes de Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia, Nápoles e Milán, pero os Habsburgo de Austria non aceptaron que a Coroa De España pasase aos Borbóns e defendían o seu propio candidato, o arquiduque Carlos de Austria, fillo do Emperador Leopoldo I. Ademais, a posibilidade da unión das Coroas de Francia e España e o papel Preponderante e de control que desempeñaba Luís XIV, atemorizou os reinos europeos, que se uniron e Iniciaron a guerra.
- Bandos en conflito. En 1701, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que Logo se uniron Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos. Uns trataban de evitar a Hexemonía borbónica e defender a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria; outros Buscaban a división das posesións españolas e obter vantaxes no seu comercio colonial. A guerra foi tanto un conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española. Os territorios da Coroa de Castela (incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra) apoiaron a Filipe V. En cambio, os territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares), despois de recoñecer a Filipe V, apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da Antiga monarquía pactista dos Habsburgo. O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos, pero o inicio das Conversacións para lograr a paz foi o cambio de posición das potencias europeas aliadas cando, pola morte do Emperador austríaco en 1711, o arquiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria se Carlos obtiña, ademais, a Coroa española, era tan perigoso como a unión entre Francia e España. Paz de Utrecht*. Asinouse nos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714) nos que, co obxectivo de manter o Equilibrio europeo, estableceuse: o recoñecemento de Filipe V de Borbón como rei de España, pero a cambio tivo que Renunciar á Coroa de Francia e entregar os Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña ao emperador de Austria, Sicilia ao rei de Piemonte, a colonia de Sacramento a Portugal, e Xibraltar e Menorca a Gran Bretaña que ademais Obtiña importantes concesións comerciais (un navío de permiso para comerciar coa América hispánica e o asento de Negros). A pesar de asinarse a paz internacional, a guerra continuou en España; as tropas de Filipe V conquistaron Barcelona o 11 de setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715, concluíndo así o conflito.
.................
 Antigo Réxime: Período que se iniciou en Europa no século XVI e que acadou a súa plenitude no século XVIII (é unha denominación que empregan os historiadores para referirse á epoca moderna, empregada por Primeira vez polos revolucionarios franceses para referirse ao modelo político e sistema social vixente ata 1789, monarquía de Luís XVI). Caracterizouse por unha economía de base agraria, a permanencia das Estruturas feudais, a sociedade estamental e a monarquía absoluta. Estes trazos foron desaparecendo Como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa.
Paz de Utrecht: Tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión Española (1700 – 1714) e que foi complementado co de Rastatt de 1714. Co obxectivo de manter o equilibrio Europeo, nos tratados se recoñecía a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio da renuncia á Coroa Francesa e a unha posible unión con Francia, concesións a Gran Bretaña (Xibraltar, Menorca e privilexios Comerciais con América) e cesións territoriais a Austria (Flandres e Nápoles)999999999999. Decretos de Nova Planta: Conxunto de decretos promulgados por Filipe V (vencedor da Guerra de Sucesión española, 1700 - 1714), entre 1707 e 1716 que impoñían, nos territorios da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña), a organización político-administrativa de Castela e o uso do Castelán como lingua administrativa. Eliminaba así os privilexios forais da Coroa de Aragón debido á súa Rebelión na Guerra de Sucesión e tomar partido por Carlos de Austria. Permitiron a implantación dun Modelo de estado centralista e uniforme en España agás nas provincias vascas e Navarra (pola súa Fidelidade a Filipe V). 999999
Catastro de Ensenada: Minuciosa enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e Xeográficas das poboacións da Coroa de Castela co obxectivo de establecer un sistema fiscal máis racional E substituír a multiplicidade de rendas por unha Única Contribución. Foi proposto polo Marqués de Ensenada, ministro de Fernando VI, e foi elaborado entre 1750 e 1753. As protestas dos grupos privilexiados Frustraron a aplicación deste ambicioso proxecto. Regalismo borbónico: Política de control e limitación do poder da igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no século XVIII no marco da potenciación do absolutismo real (defenden as regalías ou Privilexios exclusivos da Coroa sobre a Igrexa). Entre outras medidas impuxeron o padroado rexio ou dereito Do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sés eclesiásticas vacantes (recoñecido polo Concordato de 1753) e o placet ou dereito do rei de retención das bulas e provisións da Santa Sé. Despotismo Ilustrado: Sistema político da segunda metade do século XVIII que defendía o incremento do Poder absoluto do rei para que, axudado das luces da razón, impulsase as reformas necesarias para Incrementar a riqueza do reino e a felicidade e benestar dos seus súbditos (sen que isto limitase o poder do Monarca). O seu lema foi “todo para o pobo, pero sen o pobo” e o mellor representante en España foi Carlos III coa súa promoción cultural e científica. Motín de Esquilache: Revolta popular acontecida en 1766 en Madrid provocada polo decreto de Esquilache, Ministro de Carlos III, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha (co que modificaba as Costumes españolas de vestimenta). A súa orixe está no descontento social pola carestía do pan e as Pésimas condicións de vida das clases populares, a oposición dos privilexiados ás reformas do rei e a Xenofobia ante a abundancia de ministros italianos. A revolta tivo como consecuencia a caída deste ministro E un xiro no programa reformista do monarca.

Entradas relacionadas: