As vangardas en galicia

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,15 KB

INTRODUCCIÓN: O termo vangarda designa unha posición estética,ideolóxica e vital perante á realidade, coa finalidade de buscar novas formas de expresión axeitadas ao suxeito do s.XX. Os movementos literarios adquiren un carácter transnacional. As raíces das vangardas parten do Romanticismo tamén son unha reacción contra o sentimentalismo e teñen unha actitude antiintimista. Algunhas das súas características son o antitradicionalismo, a procura da novidade, o experimentalismo... Estas características plasmaríanse nos diversos ismos ou correntes entre as que destacan: FUTURISMO: é un canto ao ruído, á velocidade da urbe e das máquinas, á guerra e ó militarismo; CUBISMO: plásmase nunha disposición tipográfica expresiva; DADAÍSMO: trátase dun xogo que desafía o bo gusto e ó absurdo da comunicación artística; SURREALISMO: dallespanspanspan>>&ampspan>;gt; primacía ó soño, á loucura...CREACIONISMO: trátase dunha visión non imitativa da natureza, o poema crea unha realidade nova. O poema non se entende, seduce e fascina; MODERNISMO PORTUGUÉS: son autores irreverentes que gustan do esoterismo, as ciencias ocultas...

AS VANGARDAS EN GALICIA: Máis que movementos de vangarda propiamente ditos, o que se produce no campo literario é a apropiación de diversos repertorios dos movementos da vangarda europeos. Desenvólvense 3 liñas de renovación: VANGARDISTA: coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro; HILOZOÍSTA: coa obra de Amado Carballo; NEOTROBADORISMO: os representantes son Fermín Bouza- e Álvaro Cunqueiro.

A xeración de vangarda galega vén recibindo diversas denominacións. As características desta xeración vangardista pódense resumir en: ruptura coa tradición inmediata, labor de actualización e modernización da lírica galega,revistas literarias como posta das súas estéticas. Outros autores dividen o período vangardista nunha vangarda plena,matizada e unha reformulación da tradición medieval.

TENDENCIA VANGUARDISTA: MANUEL ANTONIOPreocupado pola súa forma intelectual e literaria. Caracterizouse polo seu anticonformismo, radicalismo político e monolingüismo. Firmou co debuxante Álvaro Cebreiro o manifesto Máis Alá que trata sobre un chamamento á mocidade intelectual galega, desde a rebeldía contra os vellos. Se ataca ós precursores, chamados "pollitos bien". Renégase a imitación, propúgnase o monolingüismo e a ruptura coa liña literaria anterior. A súa obra poética pódese dividir en 3 etapas: 1ª etapa: corresponde coa interiorización das vangardas e 1º anos de aprendizaxe literaria. "Con anacos do meu interior", "Foulas", "Sempre e mais dispois"; 2ª etapa: vangardista. Publica o único poemario: "De catro a catro". Distingue relacións entre os seguintes símbolos: o barco, a noite, o vento e o binomio terra/mar. Algúns trazos vangardistas máis destacados son a desaparición do ritmo e da rima. Os poemas constrúense como unha sucesión de imaxes impactantes; 3ª etapa: constituída por "Viladomar". Volve o ton da 1ª etapa. Reencóntrase coas imaxes popularizantes.ÁLVARO CUNQUEIRO: xunto con Manuel Antonio é o introductor das vangardas en Galicia. O seu 1º poemario é "Mar ao Norde" en 1932, onde introduce elementos futuristas. En 1933 publica "Poemas do si e do non" onde atopamos influencias do surrealismo.

TENDENCIA HILOZISTA: LUIS AMADO CARBALLO para a crítica é o máis destacado representante do hilozoísmo, onde só deixa 2 poemarios: "Proel" e "O galo". Proel é o libro fundacional do hilozoísmo. é un poemario breve, con textos curtos nos que a paisaxe recobra a súa dimensión plástica. Os elementos naturais aparecen personificados. En xeral tivo moi boa acollida por parte da crítica e do galeguismo.

TENDENCIA NEOTROBADORISTA: Unha das máis importantes consecuencias da recuperación da nosa tradición medieval foi o que se coñece como neotrobadorismo. É unha corrente literaria que recorre ás cantigas para recrealas. O poemario "Nao Senlleira" de Fermín Bouza Brey foi considerado como obra fundacional. Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro son o máximos representantes do neotrobadorismo. Nese ano editouse tamén "Cantiga nova que se chama Riveira" e "Poemas do si e do non" de Cunqueiro. En Cantiga nova que se chama Riveira aparece, por un lado, a cantiga medieval, e por outro lado, o seguimento da lírica tradicional popular.

Entradas relacionadas: